A hora do planeta: 29 Marzo 8:00-9:00 PM

March 28th, 2008 by orion

A Hora do Planeta é un evento global creado para simbolizar que cada un de nos, traballando en conxunto, podemos facer un impacto positivo no cambio climatico; sin importar de quen somos nin de onde vimos.

Creada por WWF en Sydney, Australia no 2007, A Hora do Planeta foi pasando dun evento local a un movemento globalizado.

Hora do Planeta: Marzo 29 8 - 9 PM

logo.gif


http://www.worldwildlife.org/earthhour/

http://www.earthhour.org/

O último eclipse total de lúa da década

February 20th, 2008 by orion

A madrugada do próximo xoves 21 de febreiro terá lugar un eclipse total de Lúa visible desde toda España. O fenómeno prolongarase, con todas as súas etapas, durante cinco horas e 42 minutos. O eclipse total producirase entre as 03.01h e as 03.52h, de acordo co horario de Tempo Universal . A observación do eclipse é nesta ocasión moi favorable para a zona centro-atlántica e será visible desde prácticamente todos os continentes do planeta. A Lúa atoparase totalmente eclipsada durante apenas 51 minutos, menos da metade que o máximo tempo posible para este tipo de eclipses. Trátase do último eclipse total de Lúa da década, xa que o satélite non volverá verse ensombrecido pola Terra de forma completa ata decembro de 2010. [ler máís]

prensa515_3.jpg

Etapas del eclipse                                    Península
Primer contacto con la penumbra                01:35
Primer contacto con la sombra                    02:43
Principio del eclipse total                                04:01
Máximo del eclipse total                                04:26
Fin del eclipse total                                        04:52
Último contacto con la sombra                    06:09
Último contacto con la penumbra                07:17

Vexa como será o eclipse

Datos obtidos do IAC (Instituto de Astrofísica de Canarias)

Descarga a folla coa Información sobre o eclipse

Investigadores da USC descobren un novo planeta

February 1st, 2008 by orion

Investigadores da USC descobren un planeta extra-solar que podería ser 16 veces máis masivo que Xupiter. Este descobremento é especialmente destacado porque sería a primeira vez que se descobre un plantea extra-solar utilizando técnicas astrométicas.

2008-02-07_img_2008-01-31_032553__10-edrenr-31012008.JPG

Máis información en Astronomy&Astrophysics

Marte duplica o seu brillo

November 27th, 2007 by orion

Non hai pretextos esta vez. Salga da súa casa á noitiña ou ao amencer e admire a Marte, sumamente brillante xunto á abigarrada Lúa.

Durante o mes pasado, Marte duplicou o seu brillo e está montando un belo espectáculo para aqueles que gozan de observar o ceo desde o seu xardín.

[mais información na páxina da NASA (nasa.gov) ]
skymap_north_mars_nov27_spanish.gif

Banda deseñada dos venres

November 23rd, 2007 by orion

pton114l.jpg

O cometa 17P/Holmes supera en tamaño ao Sol

November 20th, 2007 by orion

Outra das sorpresas das últimas semanas, o cometa 17P/Holmes. O seu tamaño xa supera ao do Sol. Sorprendente, para un obxecto de tan baixa masa. Sempre o inesperado. O universo nunca deixa de sorprendernos con novos espectáculos, ata no noso Sistema Solar. Neste caso é un corpo minúsculo, aínda que xa cando foi descuberto en 1892 deu as súas sorpresas.

holmescomet_sun_jupiter_jewitt_cfhthr.jpg

JOHN FORBES NASH Jr. en Compostela

November 19th, 2007 by orion

O Premio Nobel de Economía 1994 JOHN FORBES NASH Jr. estará este mércores en Compostela no marco do programa Conciencia.

nash.jpg

J. Nash fixo brillantes aportacións en varios campos da matemática, aínda que o recoñecemento veulle da súa análise do equilibrio na teoría de xogos non cooperativos, que presentou como a súa tese doutoral (¡en tan só 27 páxinas, e aos 22 anos de idade!).
Pero sobre todo, a súa figura fíxose moi popular por mor da película “A beautiful mind” (Unha mente marabillosa)

john-nash-juegos.jpgjohn-nash-juegos.jpg

Conferencia: Diñeiro ideal e diñeiro asintóticamente ideal
Lugar: CENTRO SOCIOCULTURAL FUNDACIÓN CAIXA GALICIA (Carreira do Conde, 18)
Día: mércores 21 de novembro
Hora: 20:00

Noite de astronomía en Sanxenxo

November 17th, 2007 by orion

Un total de 22 persoas acudiron á cita que a Sociedade Astronómica da Estrada (SAdE) convocou para a noite do venres 16. A cita astronómica tivo lugar no monte Siradella ao carón da pedra Cabaleira, e dende este fermoso lugar os participantes puderon observar a través do telescopio a lúa, o cometa Holmes, a galaxía de Andrómeda M31, as Pleiades e os últimos en recoller ata a nebulosa de Orión. A SAdE en esta ocasión estrenaba telescopio corporativo: un Meade ETX-80 que dou moi bos resultados.

Dada a espectacular interese da xente de Sanxenxo por esta actividade, que superou en moito as nosas previsións; a SAdE ten interese en realizar próximamente un curso-observación en esa localidade. Os que estedes interesados en ser avisados, debedes escribir a info@sadecosmos.org ou ben chamar ou enviar un SMS ao telefono 626456652.

300px-pedra_cabaleira_2.JPG

pleyades.jpg
Nota: Coordenadas xeográficas da zona:

Clube Náutico de Portonovo 42º 23.6′ N / 08º 49.2′ W

Real Clube Náutico de Sanxenxo 42º 23,9′ N / 08º 48,3′ W

Nota: Como chegar ao Monte Siradella 

Xornadas de Observación Nocturna en Sanxenxo

November 7th, 2007 by orion

A Sociedade Astronómica da Estrada organiza en Sanxenxo unha xornada astronómica de observación nocturna o venres 16 de Novembro de 21:00 a 23:00 horas.

A Xornada consistirá nunha observación guiada do ceo a simple vista, observando constelacións de inverno tan impresionantes coma Orion e o cometa P17/Holmes a través de telescopio.

O lugar da observación, ainda sen determinar, será no concello de Sanxenxo en algún lugar sen moita contaminación luminosa que nos permita observar o ceo coa maior claridade posible.
Para participar en esta actividade é necesario apuntarse previamente enviando un correo electrónico a info@sadecosmos.org ou chamando ou enviando un SMS ao 626 456 652. Tamén se pode obter información na Oficina Municipal de Información Xuvenil (O.M.I.X.) do concello de Sanxenxo, chamando ao 986 690 077.

concellosanxenxologo.giflogo.jpg

Actividades do Observatorio Ramón María Aller na Semana da Ciencia

November 6th, 2007 by orion

O Observatorio Astronómico Ramón María Aller da Universidade de Santiago participa, a través de diversas conferencias e cursos de astronomía na Semana da Ciencia 2007.

Ademáis, celebranse xornadas de portas abertas no Observatorio os dias 6, 7,13 e 14 de 19:00 a 21:00 e os dias 9, 10,16 e 17 de 19:00 a 24:00 horas.

Programa completo das actividades: http://www.usc.es/astro/semanaciencia2007.htm

aller.jpg